Seminario sobre Motivación, Aptitude, e Multicompetencia: Tres Eixos do Campo de Adquisición de Segundas Linguas

Impartido por: Lourdes Ortega, Catedratica de Lingüística, Universidade de Georgetown, USA.

Data: 30 de maio de 2014, Facultade de Filoloxía e Tradución (Vigo)

Resumo: Este seminario ofrecerá unha panorámica da investigación de adquisición de segundas linguas, enfocando en tres áreas na aprendizaxe de idiomas que atraen a atención en datas recentes: motivación, aptitude, e multicompetencia. En cada unha das tres liñas de investigación, discutiranse propostas teóricas e empíricas contemporáneas. As tres áreas son centrais no campo da adquisición de linguas e comparten dúas perspectivas en común. Primeiro, que a adquisición de lingua está profundamente influida pola diversidade de anhelos, habilidades, e estilos que albergan diferentes adultos cando se embarcan na tarefa de aprender unha lingua estranxeira. E segundo, que o desenvolvemento dunha lingua nova en idade adulta é similar ao proceso de desenvolvemento de competencias bilingües en idades tempranas, de xeito que tanto os procesos de desenvolvemento lingüístico coma o tipo de competencia lingüística obtida poden ser comparados a través de diferentes idades e etapas vitais. O obxectivo na exploración destas tres liñas de investigación será destilar estratexias concretas pedagóxicas que os profesores de lingua poidan aplicar á docencia de idiomas na aula, mostrando que as dimensións afectivas (motivación), cognitivas (aptitude), e lingüísticas (bilingüismo e multicompetencia) son forzas ineludibles que deben ser consideradas no diseño da instrucción formal de idiomas.