O Seminario Internacional Eco-Fictions, sobre ecocrítica nas literaturas irlandesa e galega, terá lugar o 15 de decembro de 2016 no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC de 09.00 a 21.00.
Contará coa participación de importantes poetas e investigador@s de Galicia e Irlanda: Eiléan Ní Chuilleanáin, Mary McPartlan, Anne Fogarty, Marilar Aleixandre, Martín Veiga, etc.
Este Seminario está organizado polo Grupo de Referencia Competitiva da USC ‘Discurso e Identidade’ (Xunta de Galicia GRC2015/002), o Proxecto de investigación Eco-Fictions (MINECO FEM2015-66937-P) e a Oficina de Igualdade de Xénero da USC.
O Seminario é de acceso libre. Darase un certificado de asistencia ás persoas inscritas que cumpran os requisitos de asistencia.
Máis información e programa: