Convocatoria do Parlamento de Galicia para a concesión de bolsas de formación práctica

A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 26 de decembro de 2016, resolveu anunciar a convocatoria para a concesión de 8 bolsas formativas co obxecto de realizar unha formación práctica nas materias de arquivo, biblioteca e documentación, comunicación institucional, publicacións, informática e xestión parlamentaria.

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.