Convocadas 100 bolsas de excelencia para cursar estudos de máster no SUG

Resolución do 7 de abril de 2017 da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cen bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega.

Os 39 másteres do SUG ofertados para as bolsas de excelencia «seleccionáronse en función das súas posibilidades dunha maior empregabilidade e son de interese para o desenvolvemento do sector produtivo industrial, de servizos, así como o da información e coñecemento de Galicia».

Inclúense  tres másteres na área de Arte e Humanidades (Anexo I), un deles o Máster de Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións.

Ligazón (DOG 11/04/2017):

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170411/AnuncioG0244-050417-0002_gl.pdf

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 31 de maio de 2017 ás 24.00 horas.