Seminario «Ricardo III e a Europa do século XV»

Os vindeiros días 4 e 5 de outubro ás 18.15 na aula C11 terá lugar a celebración dun seminario titulado Ricardo III e a Europa do século XV para celebrar o 570 aniversario do nacemento deste monarca inglés (1452-1485).

O martes día 4 impartiranse dúas conferencias sobre o monarca e o seu contexto histórico europeo e o mércores día 5 terá lugar unha charla sobre a arte do combate medieval cunha demonstración práctica (ver cartaz adxunto). O xoves 13 de outubro, aqueles/as que o desexen poderán participar nas prácticas de esgrima medieval en grupos máis reducidos.

Para asistir ás actividades (incluindo as dos grupos reducidos o xoves día 13), é necesario rexistrarse no seguinte enlace ou no código QR que se pode escanear no cartaz: https://forms.gle/Vk3CmyPCZ7dthTQW8

O seminario é de libre acceso.

Estades todos/as cordialmente invitados a participar. 

O seminario está organizado polo grupo de investigación Discurso e Identidade (ED431C 2019/01) do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da Facultade.